EXPOSICIÓN “CARTAS DE AMOR”
Do 11 ó 21 de xaneiro presentarase no IES de Curtis a exposición "Cartas de Amor", mostra do cómic galego sobre violencia de xénero con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luis Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A iniciativa enmárcase dentro das actividades desevolvidas pola rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que forma parte o concello de Curtis, e que foi creada en virtude dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
O vindeiro luns 14 de xaneiro terá lugar o acto de inauguración da exposición no que está previsto que se reciten poemas de amor de distintos poetas consagrados. Inaugurará a exposición Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade acompañada de Javier Cainzos Vázquez, alcalde de Curtis, o persoal do Centro de Información da Muller do Concello, o alumnado e o persoal do propio Instituto de Ensinanza Secundaria de Curtis.
