Numeracion Curtis logos

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES DO CONCELLO DE CURTIS “ENTROIDO 2013”

1. Convócase os premios do concurso de disfraces "Entroido 2013" do Concello de Curtis.

2. O concurso celebrarase o vindeiro 12 de febreiro de 2013 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.

3. Os participantes deben inscribirse con anterioridade nas dependencias municipais.

4. Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.

5. O xurado estará composto por varios membros axenos ao Concello.

6. Establécense as seguintes categorías:

Concurso infantil (ata 16 anos)

1° premio grupo: vale de compra de 100€

1° premio individual: vale de compra de 50€

2° premio individual: vale de compra de 50€

3° premio individual: vale de compra de 50€

Concurso maiores

1° premio individual ou de grupo: vale de compra de 300€

2° premio individual ou de grupo: vale de compra de 200€

3° premio individual ou de grupo: vale de compra de 100€

8. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.

9. Os premios poderán gastarse nos establecementos colaboradores (comercios e hosteleria do Concello de Curtis).

10. Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.

11. Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.

12. O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.

13. A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.