UV BANNER Curtis 2023 web

Dia Internacional da Muller 2013

dia muller_2013_03dia muller_2013_02O pasado venres celebrouse no salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis o acto conmemorativo do Dia Internacional da Muller no que se recoñeceron os esforzos realizados polas mulleres do concello para a súa mellora profesional.

Antonio Ángel Fraga Sánchez, tenente – alcalde do Concello, dou á benvida ó público asistente e presentou ás tres mulleres que participaron no acto relatando as súas experiencias formativo - profesionais: Mª Jesús Ayerbe, Rocío Prado e Iria Tomé.

Tomou a palabra Mª Jesús Ayerbe quen resaltou a importancia da formación (obtención da ESO ou dos certificados de profesionalidade) no proceso de busca de emprego ou de mellora profesional, así como da capacidade individual de destrui-las barreras que impiden acadar o obxectivo profesional proposto. Pola súa banda, Rocío Prado e Iria Tomé relataron a súa experiencia como emprendedoras co establecemento dunha explotación avícola ou coa apertura dun centro de fisioterapia, respectivamente. Se ben tiveron certas trabas ó comezo da súa andaina estas foron superadas con éxito grazas a súa perseverancia e a motivación de desenvolve-la súa actividade profesional por conta propia.

O acto finalizou cunha degustación de distintos productos do país por parte dos e das asistentes.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.