COÑECENDO AS COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO
Día 30 de outubro de 2013. Salón de actos do edif. Multiusos de Curtis.
Xornada informativa sobre cooperativismo dirixida a persoas desempregadas, emprendedoras, institucións públicas e privadas e público interesado en xeral. (Entregarase diploma de asistencia)
Obxectivo: Dar a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa de autoemprego, a través da dinamización de grupos promotores locais.
Programa:
10.00 Apertura da xornada e benvida aos asistentes.
10.15 Presentación da Rede Eusumo e a Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación Sobrado.
10.30 Breve introdución da fórmula cooperativa. O Plan de Empresa: é viable o meu proxecto?
12.00 (Pausa)
12.15 Experiencias Cooperativas de Traballo Asociado:
·Abeiro Social, Soc. Coop. Galega
·Tagen Ata, S. Coop. Gal
13.30 h Conclusións e Clausura Oficial da xornada.