Banner XX Premio de rarracion curta

O CONCELLO DE CURTIS ACTIVA UNHA CAMPAÑA DE VIXILANCIA E CONTROL DO USO DE CONTEDORES DE RESIDUOS

O Concello de Curtis pon en marcha unha campaña de vixilancia e control sobre o uso dos contedores de recollida de residuos sólidos urbanos, coa finalidade de garantir o cumprimento da normativa vixente segundo a ordenanza municipal e o regulamento de xestión de residuos. Esta acción responde á detección de malas prácticas por parte dalgúns usuarios, como o depósito incorrecto de residuos, o abandono de diferentes enseres —que o Concello recolle gratuitamente cada dous meses mediante un servizo específico— ou a vertedura inadecuada de restos de poda e xardinería. A partir do 1 de maio darán comezo as inspeccións periódicas para verificar o correcto uso dos contedores. O Concello actuará con firmeza e dentro do marco legal para garantir a limpeza, a seguridade e o respecto ao medio ambiente. As infraccións serán sancionadas conforme ao establecido na Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e clasificaranse do seguinte modo: • Infraccións leves: multa de ata 2.000 euros (ou ata 20.000 euros no caso de residuos perigosos ou solos contaminados). • Infraccións graves: multa desde 2.001 euros ata 100.000 euros (ou desde 20.001 euros ata 600.000 euros para residuos perigosos ou solos contaminados). • Infraccións moi graves: multa desde 100.001 euros ata 3.500.000 euros (ou desde 600.001 euros no caso de residuos perigosos ou solos contaminados). O Concello lembra que o cumprimento da normativa é responsabilidade de todos e agradece a colaboración cidadá para manter un municipio limpo, ordenado e respectuoso co medio.

O CONCELLO DE CURTIS RECIBE A DOACIÓN DUN BUSTO DE MARÍA ANTONIA DANS

O Concello de Curtis recibiu este sábado 26 de abril, nun acto celebrado na Casa Museo de María Antonia Dans, a doazón dun valioso busto que rende homenaxe á recoñecida artista. A obra, modelada no histórico taller de Isaac Díaz Pardo a partir dun deseño do prestixioso pintor Antonio López, pasa dende hoxe a formar parte do patrimonio artístico municipal. O acto foi organizado pola Asociación Amigos de Curtis e contou coa presenza de representantes do goberno local, entre eles o alcalde, Javier Caínzos; a concelleira de Benestar, Eva Lata; e a concelleira de Promoción Económica en Feiras, Fina Paredes, así como outros membros da corporación municipal. Tamén asistiron membros actuais e fundadores da Asociación Amigos de Curtis, xunto a familiares da artista: María, Lois e Anxo Dans. Con esta doazón, o Concello de Curtis reforza o seu compromiso coa conservación e difusión do legado cultural de María Antonia Dans e reafirma a súa aposta pola cultura como seña de identidade do municipio

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.