EXAME BANER HORIZONTAL

Abertas as inscricións para os concursos da Festa do Cabalo de Teixeiro

cartel festa do cabalo 2026

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou as bases que regularán o Concurso Morfolóxico, as Probas de Andadura e os Enganches da XXV Festa do Cabalo de Teixeiro. O evento está organizado polo Concello de Curtis coa colaboración da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Asociación Pura Raza Cabalo Galego e a Federación Hípica Galega.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 28 de xullo. As persoas que desexen inscribir os seus cabalos, eguas e enganches deberán facelo a través do enderezo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., tal e como recollen as bases publicadas.

O Concurso Morfolóxico establece categorías para sementais, eguas, cabalos e eguas cruzadas e ponis, con catro premios en metálico que van dos 130 aos 50 euros en cada unha. As Probas de Andadura Galega tradicional, nas modalidades serrada e chapeada, contan con oito premios por categoría, de entre 120 e 30 euros.

Pola súa banda, o Campionato Galego de Enganches desenvolverase nas modalidades de Troncos e Limonera, con tres premios de entre 100 e 50 euros, e Ponis Infantís, que recibirán trofeo. O xurado, encargado de outorgar as puntuacións, estará formado por catro membros da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, que aplicarán a normativa oficial dos concursos morfolóxicos.

A Festa do Cabalo, que se celebrará no estacionamento do polígono industrial, completarase cun espectáculo ecuestre e coa entrega de distincións especiais para o grupo máis numeroso e para os e as participantes de maior e menor idade. Ademais, todos os nenos e nenas menores de 12 anos que acudan a cabalo recibirán unha medalla conmemorativa deste cuarto de século.

PREME NESTA LIGAZÓN PARA DESCARGAR AS BASES

O repetidor de TDT de Teixeiro adaptarase este luns ao novo mapa de frecuencias da Xunta para evitar interferencias

mando tv stock

A Xunta comunicou ao Concello de Curtis que levará a cabo este luns, 13 de xullo, unha actuación no centro de extensión de cobertura de TDT de Teixeiro, no marco da Fase 1 do proceso de evolución tecnolóxica da Televisión Dixital Terrestre.

A intervención no repetidor consiste no apagamento do múltiple RGE2 (que inclúe La 1 UHD, Clan e DKiss) e que se emite actualmente na canle 42. Esta medida ten como obxectivo evitar interferencias no novo mapa de frecuencias.

Unha vez iniciada a Fase 1, con data prevista para o 5 de novembro, o centro de Teixeiro pasará a emitir as seguintes canles:

  • Canle 22 (TVE1, TVE2, 24h, Clan e TDP)
  • Canle 27 (TVG, G2 e TVG UHD)
  • Canle 28 (T5, Cuatro, FDF, Divinity e BeMad)
  • Canle 30 (DKiss, Ten, Real Madrid TV e unha nova canle)
  • Canle 35 (Squirrel, Squirrel 2, Dmax e Veo7)
  • Canle 38 (A3, La Sexta, Neox, Nova e A3series)
  • Canle 45 (Boing, Energy, Mega e TreceTV)

Segundo os cálculos de cobertura facilitados pola Administración autonómica, os cambios afectarán a preto de 1.400 veciños e veciñas do Concello de Curtis. Entre as localidades beneficiadas destaca, por poboación, Teixeiro. A lista completa de núcleos completa detállase a continuación.

O Concello de Curtis recomenda á veciñanza que, en caso de dúbida sobre o centro emisor ou sobre a calidade da cobertura da TDT, se poña en contacto co teléfono 881 866 388 ou consulte a páxina web da Oficina Técnica da TDT, onde se pode verificar a situación de cada domicilio.

Parroquia

Nome entidade

Habitantes

CURTIS (SANTAIA)

A CABANA

13

CURTIS (SANTAIA)

A CANCELA

29

CURTIS (SANTAIA)

A CERDEIRA

1

CURTIS (SANTAIA)

A PONTE

17

CURTIS (SANTAIA)

AS ORXAS

5

CURTIS (SANTAIA)

CARROIPAZ

17

CURTIS (SANTAIA)

FRÁDEGAS

4

CURTIS (SANTAIA)

MONTEALTO

23

CURTIS (SANTAIA)

O ABELAR

13

CURTIS (SANTAIA)

O CASTRO DE VILARULLO

0

CURTIS (SANTAIA)

O ESMORIQUE

27

CURTIS (SANTAIA)

O PAZO DE VILARULLO

4

CURTIS (SANTAIA)

O PENEDO DE TEIXEIRO

11

CURTIS (SANTAIA)

O PEREIRAL

3

CURTIS (SANTAIA)

OS CARBALLÁS

11

CURTIS (SANTAIA)

QUINTADÓNIGA

4

CURTIS (SANTAIA)

TEIXEIRO

1269

FISTEUS (SANTA MARÍA)

A ARADA

4

FISTEUS (SANTA MARÍA)

A GRAÑA

22

FISTEUS (SANTA MARÍA)

A HEDREIRA

1

FISTEUS (SANTA MARÍA)

A INSUA

6

FISTEUS (SANTA MARÍA)

A LAGOA

8

FISTEUS (SANTA MARÍA)

BOIPARDO

14

FISTEUS (SANTA MARÍA)

OS CAMPOS

20

FISTEUS (SANTA MARÍA)

CENCASAS

14

FISTEUS (SANTA MARÍA)

OS COUCEIROS

12

FISTEUS (SANTA MARÍA)

O VILARVELLO

0

FISTEUS (SANTA MARÍA)

OS MARTIÑOS

4

FISTEUS (SANTA MARÍA)

PENARRUBIA

0

FISTEUS (SANTA MARÍA)

PORTO

0

FOXADO (SANTA MARÍA)

VILARIÑO

10

SANTA MARÍA DE LURDES (SANTA MARÍA)

PAIO RODRÍGUEZ

16

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.