DIA DA BICI 2014.
O vindeiro Sábado 2 de agosto realizaráse o "Día da Bici 2014". A saída das marchas ciclistas partirán ás 10:30h, en Curtis dende o pavillón deportivo, e en Teixeiro dende a Casa do Concello. En Xabriño. lugar de chegada común, terá lugar o sorteo dunha bicicleta de montaña e a entrega dos seguintes trofeos: participante máis veterán, participante máis novo, bicicleta máis orixinal e grupo ciclista máis numeroso. Na chegada tamén haberá avituallamento para os ciclistas.
