Numeracion Curtis logos

CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA

Do 26 de decembro de 2012 ó 7 de xaneiro deste ano tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento dunha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa está enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, que ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

TORNEO FÚTBOL SALA CIDADE DE LUGO 2012

Os pasados 27,28 e 29 de decembro, tres equipos das escolas deportivas de fútbol sala municipais participaron neste evento. Este ano foron as categorías benxamín, alevín e infantil as encargadas de representar ó Concello neste torneo de participación internacional. En total foron 30 xogadores os que desenvolveron os encontros obtendo os resultados seguintes:

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.