CAMPUS DE FÚTBOL E MULTIDEPORTE
O Concello de Curtis organiza un campus multideportivo do 7 o 26 de xullo de 2014, dividido en tres quendas. Realizaránse multitude de actividades deportivas, aproveitando as posibilidades que ofrecen as instalacións de Curtis e Teixeiro: campo de herba artificial de Curtis, campo de herba natural de Teixeiro, piscinas, pistas de padel, pistas de tenis, etc. Tódalas semanas organizaráse unha excursión ó aquapark de Cerceda, dependendo das condicións climatolóxicas.

