O Concello de Curtis presenta a nova programación cultural para os máis cativos (nenos entre 3 e 12 anos). Dada a situación económica que estamos a sufrir, as Áreas de Cultura e Xuventude poñen en marcha "Aprender a aprender", un programa de actividades que facilita a conciliación da vida familiar e laboral. Neste programa a través dos obradoiros os nosos nenos e nenas adquirirán técnicas de aprendizaxe, vocabulario mediante o xogo, "unha maneira diferente de aprender".
O programa terá lugar dende o 4 de marzo ata o 30 de maio en horario de luns a venres entre as 17.30h e 20.00h no centro de ocio de Curtis ou no Edificio Usos Múltiples de Teixeiro e o prezo variará en función da unidade familiar o primeiro fillo/a 15,51€ e os restantes 8€.