Publicación da listaxe provisional de admitidos na Escola Infantil de Curtis.
Publícase a listaxe provisional dos admitidos para o vindeiro curso 2014/2015 para a Escola Infantil de Curtis, que oferta 61 prazas. A escola recibiu un total de 38 solicitudes para solicitar praza nos distintos grupos de idade que ten a escola.
Dado que esta é unha listaxe provisional, as familias que o consideren oportuno teñen ata o día 12 de maio para reclamar. Despois disto, o día 27 de maio publicaráse a listaxe definitiva e o día 28 comezará o prazo de matrícula, que rematará o 10 de xuño.
A listaxe poderáse ver na páxina http://www.escolasinfantisdegalicia.es e na Escola Infantil.

