Igualdade 365
Igualdade 365 é un programa dirixido ás mulleres dos concellos de Curtis e Sobrado que promove a igualdade de oportunidades, o empoderamento feminino e a inclusión social a través de actuacións especializadas de apoio e acompañamento.
O programa inclúe:
-
Equinoterapia para mulleres que sofren violencia de xénero.
-
Programa de recuperación integral para mulleres reclusas.
-
Acompañamento xurídico para mulleres migrantes.
-
Accións de empoderamento feminino, autoestima, formación e liderado.
A iniciativa busca fortalecer a autonomía persoal, mellorar o benestar das participantes e favorecer a súa plena inclusión social.
Igualdade 365 está financiado pola Xunta de Galicia, no marco de Xacobeo 2027, co cofinanciamento da Unión Europea a través dos Fondos Europeos, e coa colaboración dos Concellos de Curtis e Sobrado.
Máis igualdade, máis oportunidades, máis futuro para tod@s.



