Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis ten aberto o prazo para inscribirse nos concursos de disfraces do Entroido

Curtis-Teixeiro, 8 de febreiro de 2012.- O Concello de Curtis ten aberto o prazo para inscribirse nos concursos de disfraces que se van celebrar nas localidades de Curtis e Teixero nas próximas festas de Entroido. A gran festa de disfraces vaise celebrar o Martes de entroido, día 21 de febreiro, nas duas localidades e con premios no cucurso infantil. Para os maiores concurso establécese na modalidade de individual e grupo.

O Concello de Curtis busca o respaldo das administracións para conseguir achegar á comarca da Montaña Coruñesa un servizo de emerxencias eficaz

Curtis-Teixeiro, 7 de febreiro de 2012.- O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, indicou esta mañá que é necesario que o interior da provincia, concretamente a Montaña Coruñesa, conte cun dispositivo de emerxencias, dado que ás dotacións deste tipo máis próximas son as de Betanzos, Arzúa e Ordes, ámbalas dúas a máis de 25 kilómetros do termo municipal de Curtis. O alcalde destacou que no caso de se producir algunha continxencia que precisara dunha actuación urxente, a situación ía ser moi comprometida.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.