UV BANNER Curtis 2023 web

Aposta polo noso comercio!

Cartel campaña del comercioO pequeno comercio é un dos sectores máis prexudicados pola crise económica que nos toca vivir. O Nadal son unhas datas nas que o consumo increméntase, por isto queremos facer un chamamento a todos os nosos veciños e veciñas: facer as nosas compras de nadal nas pequenas empresas e autónomos. Á veciña que vende por catálogo ou por internet, ao artesán, á amiga que ten unha tenda no concello, o pasteleiro ou panadeiro que fai unhas sobremesas exquisitas e de calidade, á veciña que ten unha tenda de roupa, complementos, xoias, electrodomésticos... en resume aos veciños de toda a vida.

TRÁGAME CURTIS

Ante a abalancha de solicitudes de información recibidas nas últimas semanas, dende a Área de Cultura do Concello de Curtis anunciou que se amplía o prazo de presentación de traballos do Certame de Narración Curta "Trágame Curtis" ata o 28 de febreiro de 2013. Ademáis, foi presentado un video promocional de dita Certame que será difundido a través da nosa páxina web e das redes sociais. Tanto as bases do concurso como o video están a súa disposición na páxina do Concello www.curtis.es

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.