Situación execpcional de axuda social
O Concello de Curtis, desde a Área de Servizos Sociais, quere poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas que debido á grave situación socio-económica que estamos a atravesar e á crítica situación á que se ven sometidas as familias está ao servizo de todos aqueles que o precisen cos recursos existentes para intentar paliar na medida do posible situacións que supoñan unha vexación dos dereitos dos cidadáns ou unha merma ao dereito de vida digna.