O PLENO DA CORPORACIÓN APROBRA A PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL DE ADHESIÓN Ó CONVENIO PARA A CREACIÓN DUN FONDO SOCIAL DE VIVENDAS
O pasado 17/01/2013 a FEMP suscribiu o Convenio para a creación dun Fondo Social de Vivendas para afectados por desafiunzamentos, xunto co Ministerio de Economía e Competitividade, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Fomento, o Banco de España, distintas entidades financeiras e a Plataforma do Terceiro Sector.
O convenio contempla a creación dun fondo social de viviendas destinadas ó aluguer, constituido cunhas seis mil vivendas, achegadas polas entidades financeiras e ás que poderán acceder persoas que foran desaloxadas da súa primeira vivenda a partires do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademáis, se atopen en situación especial de vulnerabilidade social.