UV BANNER Curtis 2023 web

EXPOSICIÓN “CARTAS DE AMOR”

Do 11 ó 21 de xaneiro presentarase no IES de Curtis a exposición "Cartas de Amor", mostra do cómic galego sobre violencia de xénero con debuxos de artistas como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luis Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A iniciativa enmárcase dentro das actividades desevolvidas pola rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que forma parte o concello de Curtis, e que foi creada en virtude dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias.

CONCILIACIÓN NA MONTAÑA CORUÑESA

Do 26 de decembro de 2012 ó 7 de xaneiro deste ano tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento dunha serie de actividades lúdico – educativas dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos destinadas a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa está enmarcada dentro do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa subvencionado pola Deputación da Coruña, que ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.