Accións formativas do proxecto Rede Xiana 2
A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Curtis, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Toques, Arzúa, Boimorto, Vilasantar, Sobrado e Curtis.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.
O concello de Curtis achega as súas instalacións municipais (Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro)