A PRIMEIRA ESCOLA INFANTIL DE CURTIS OFERTA UN TOTAL DE 61 PRAZAS PÚBLICAS PARA NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS
A primeira escola infantil do concello de Curtis, tanto pública como privada, oferta un total de 61 prazas de 0 a 3 anos distribuídas en catro unidades. O centro abriu as súas portas a finais do mes pasado.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe esta infraestrutura. Estivo acompañada polo Alcalde, Javier Caínzos e os Concelleiros Pablo Brañas e Emilio Souto. O investimento para a súa construción e equipamento superou os 820.000 euros, mentres que no seu mantemento a Xunta e o Concello van investir máis de 320.000 euros anuais.
