EXAME BANER HORIZONTAL

O pleno do Concello de Curtis debatirá unha memoria de seguridade para as festas de Teixeiro

memoria seguridade festas teixeiro

O goberno municipal de Curtis levará ao pleno deste venres a aprobación dunha memoria técnica de seguridade para as festas de Teixeiro. O documento, elaborado por unha empresa especializada, establece unha serie de instrucións para os participantes nos festexos na contorna da praza de España, tanto feirantes como orquestras e postos de comida.

O documento enmárcase dentro do traballo do Concello de Curtis para que as festas de Teixeiro e Curtis conten con plans de seguridade actualizados. Neste caso, establece directrices, plans de tráfico, medidas de autoprotección, aforos e recomendacións técnicas incluídas, de obrigado cumprimento para todos os involucrados.

En canto á organización do espazo, a memoria estuda a localización dos escenarios, as atraccións, as barracas e os postos de comida, e esixe que en todo momento queden libres catro metros de paso para os vehículos de emerxencia. Así mesmo, o plan de emerxencia detalla como actuar ante un incendio, un accidente, unha evacuación ou calquera outra situación de risco.

Por outra banda, a memoria regula tamén as instalacións eléctricas e as atraccións de feira. Os encargados da subministración eléctrica da festa deberán acreditar a súa habilitación e presentar un boletín eléctrico, mentres que as atraccións deberán contar con certificados de instalación e estar vixiadas por monitores.

Coa aprobación desta memoria, o Concello de Curtis busca garantir a seguridade de todos os asistentes e, deste xeito, conseguir que nenos e maiores poidan desfrutar das festas con total tranquilidade.

 

Relación provisional de persoas admitidas nos Campamentos de Verán para a conciliación 2026

parte 1 incrp campamentos

Publícase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nos Campamentos de Verán para a conciliación familiar e laboral 2026.

As persoas admitidas deberán presentar o xustificante de pagamento das quendas correspondentes antes do día 15 de xuño de 2026 (incluído) a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica.

No xustificante deberá indicarse o nome da persoa participante, o número de rexistro da solicitude e a quenda ou quendas ás que corresponde o pagamento.

Finalizado o prazo, publicarase a relación definitiva de persoas admitidas.

A falta de acreditación do pagamento no prazo establecido suporá a exclusión do programa.

LISTAS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.