Atención! Últimos días para participar no Certame de Narración Curta!
Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega e os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame. Ademais deberán contar cunha extensión comprendida entre os 3.000 e os 5.000 caracteres (espazos incluídos).
Establécense dúas categorías: categoría A (dos 12 anos aos 17 anos) e categoría B (dos 18 anos en diante) e tres premios en metálico para cada categoría.
CONSULTA AS BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN: BASES_CERTAME_NARRACIÓN_CURTA.pdf