Banner XX Premio de rarracion curta

O 23 DE ABRIL INICIASE O PERÍODO DE EXPOSICIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 10 DO PXOM

O DOG publica hoxe a aprobación inicial da modificación puntual nº 10 do PXOM de Curtis nos ámbitos APE-11 e APE-12.
Tras esta publicación, ábrese un período de dous meses de prazo para que os interesados revisen os documentos e presenten as alegacións que consideren adecuadas. O proxecto e os planos están a súa disposición na Casa Consistorial de Teixeiro e na Oficina Municipal en Curtis.
Ademais, están a disposición dos veciños os servizos urbanísticos municipais para que obteñan máis información, consulten as súas dúbidas e reciban apoio para presentar as súas alegacións.
Concesión de licenzas
Segundo determina a Lei do Solo, tras esta aprobación inicial suspéndese a concesión de licenzas nos ámbitos afectados por estas modificacións cando as mesmas non cumpran coa lexislación e a normativa sectorial correspondente.

AnuncioL132-140425-0001_es.pdf

kb

VISITA INSTITUCIONAL PARA APOIAR O TALENTO MOZO E A CULTURA NA CASA MUSEO MARÍA ANTONIA DANS

O Concello de Curtis reafirma o seu compromiso coa cultura e con actividades que dinamizan a vida artística e social da vila

Curtis. 16.04.2025

O Concello de Curtis recibe a visita institucional do director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na provincia da Coruña, Severino Álvarez Monteserín, así como da xefa do Servizo de Xuventude e Voluntariado, Nuria Picos. Esta visita enmárcase no recoñecemento e apoio á creación artística promovida dende o ámbito local.

O motivo central da visita é a exposición realizada por catro alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, entre as que se encontra unha veciña do municipio, Elvira Sánchez, xunto coas súas compañeiras Lorena Sánchez, Raquel Rivera e Elena Rama.

A mostra, que pode visitarse na Casa Museo María Antonia Dans, destaca por contar con mulleres anónimas como figuras principais, co propósito de poñer en valor a súa presenza. Así mesmo, esta exposición en colaboración co CIM é unha das actividades englobadas no programa do pasado 8M.

O lugar da exposición, a Casa Museo María Antonia Dans, consolídase como o centro cultural de referencia para a comarca por acoller actos culturais, exposicións temporais, actividades educativas e eventos que promoven o acceso á arte.

Non é a primeira vez que este lugar acolle exposicións relevantes. En outubro do 2024, a Área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do CIM, organizou unha mostra co motivo do Día da Muller Rural, na que se exhibiron obras da pintora e ilustradora Carmen Seijas.

Estes antecedentes reforzan a aposta do Concello polo uso do museo como espazo polivalente para exposicións e de sensibilización social. O municipio tamén pretende destacar o papel fundamental que ten a arte como ferramenta de dinamización cultural, ao mesmo tempo que respalda iniciativas que poñen en valor o traballo de creadoras mozas.

O alcalde, Javier Caínzos, expresou a súa satisfacción por acoller este tipo de propostas:

“Un ano dedicámoslle o 8M á propia María Antonia Dans, pero non soamente apostamos por caras coñecidas. Noutras ocasións este día tivo como protagonistas a mulleres emprendedoras, a mulleres que traballan no servizo de axuda no fogar, etc. Xente que leva traballado moito e con escaso recoñecemento público. Este ano quixemos poñer en valor a profesión que comparten Elvira, Lorena, Raquel e Elena. Por iso decidimos dedicarlle esta data a mulleres novas, artistas e do rural”.

Como peche da xornada, os asistentes percorreron as salas restantes que contaban con obras da artista que dá nome á Casa Museo, profundando así no seu legado artístico.

MAD01

MAD02
MAD03
MAD04
MAD05
MAD06
MAD07
MAD08

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.