Banner XX Premio de rarracion curta

O Servizo Municipal de Atención Temperá ofrece atención especializada a máis de 70 familias

O Servizo municipal de Atención Temperá consolídase como un recurso fundamental para o apoio ao desenvolvemento infantil nos concellos de Curtis, Aranga, Sobrado, Boimorto e Coirós.

Este servizo está dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos, así como ás súas familias, e ten como obxectivo detectar e intervir de forma temperá posibles dificultades no desenvolvemento evolutivo dos menores.

Na actualidade, o equipo ofrece atención interdisciplinar nos ámbitos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia. Os menores acoden semanalmente a sesións específicas con cada profesional e as familias contan tamén cun espazo propio de acompañamento e intervención psicolóxica.

Desde os núcleos de atención de Curtis e Teixeiro, o servizo dá cobertura aos cinco concellos mencionados, sendo requisito estar empadroado nalgún deles. O acceso ao servizo realízase exclusivamente mediante derivación do/a pediatra de cabeceira, logo de detección ou sospeita por parte de familia, escola, servizos sociais ou profesionais sanitarios.

O impacto do servizo segue en aumento: nos primeiros cinco meses de 2025 xa se atenderon tantos novos casos como en todo o ano 2024, o que reflicte a crecente demanda e consolidación do servizo como referente na comarca.

O Servizo de Atención Temperá é unha mostra do compromiso dos concellos coa infancia e co apoio ás familias, entendendo que unha intervención temperá e integral é fundamental para garantir un desenvolvemento saudable e unha inclusión plena dos menores. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.