EXAME BANER HORIZONTAL

O Concello informará á veciñanza de Teixeiro sobre as alternativas formuladas por Adif para recuperar a mobilidade a través do ferrocarril

RUTA ACTUAL

O Concello de Curtis convoca a cidadanía de Teixeiro a unha reunión informativa este xoves ás 19:00 horas no Edificio de Usos Múltiples. O encontro ten como obxectivo dar a coñecer as diferentes alternativas formuladas por Adif para crear un paso elevado ou soterrado que substitúa o paso a nivel da estación, cuxo acceso foi pechado, unha decisión que xerou malestar na vila.

Isto provocou que a veciñanza se organizase a través dunha plataforma que recolleu 2.142 sinaturas para reclamar unha solución. Trala insistencia veciñal, Adif reuniuse no Concello de Curtis co goberno municipal para expoñer as posibles saídas, que agora se trasladarán directamente á cidadanía.

En total, son catro as propostas sobre a mesa. Dúas delas consisten na instalación dun paso elevado, diferenciándose unha da outra na localización da infraestrutura. As outras dúas apostan por solucións soterradas, como o aproveitamento do paso inferior xa existente para vehículos, ou a construción dende cero dun paso inferior baixo a vía. De acordo coa proposta actual, a intervención escollida sería cofinanciada ao 50% entre Adif e o Concello mediante un convenio sometido a aprobación plenaria.

Con esta reunión, o Concello reafirma o seu apoio ás demandas veciñais para recuperar unha vía de cruce accesible e segura.O acceso ao paso a nivel da estación quedou pechado cando Adif valou as plataformas, unha circunstancia á que se suma a prohibición de cruzar as vías. Esta situación obriga aos veciños e veciñas a empregar o paso inferior da AC-231. Esta infraestrutura presenta deficiencias de seguridade e accesibilidade para os peóns, o que dificulta o tránsito entre os dous lados do ferrocarril.

A Xunta recoñece as boas prácticas do Concello de Curtis na conservación e coidado das sebes

WhatsApp Image 2026 07 31 at 00.41.38

A Xunta de Galicia recoñeceu as boas prácticas ambientais e paisaxísticas desenvolvidas no Concello de Curtis na conservación e coidado das sebes, ao abeiro da actividade A Liga das Sebes, dentro do programa GIFT.

Na zona de concentración parcelaria de Fisteus plantaronse máis de 1.100 árbores e arbisto de 29 especies autóctonas, dando forma a novos corredores ecolóxicos que favorecen a biodiversidade e serven de refuxio para a fauna e o gando.

Ademais, instaláronse un total de 28 caixas con mantillo para estudar a evolución da biodiversidade, repartidas en distintas zonas piloto de Galicia, entre elas, as masas comúns da parcelaria de Fisteus.

Ao evento asistiu o alcalde, Javier Caínzos, mentres que o concelleiro de Medio Ambiente, Iván Maques, participou nunha mesa redonda no marco deste acto e a concelleira Marta Barreiro. Noraboa tamén aos veciños do noso concello que foron premiados pola participación e traballo nas súas parcelas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.