25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACION DA VIOLENCIA DE XENERO
O Concello de Curtis aprobou por unanimidade na última Xunta de Goberno Local a declaración institucional no día internacional para a eliminación da violencia de xénero na que manifesta o seu rexeitamento a calquera forma de violencia exercida contra as mulleres.
Nesta liña de traballo o vindeiro luns 25, o persoal do Centro de Información ás Mulleres do concello desenvolverá unhaactividade no IES de Curtis destinado ó alunado de cuarto da ESO e primeiro de bacherelato co gallo de reflexionar sobre as relacións igualitarias entre homes e mulleres.
Finalmente, distintos axentes sociais pertencentes ó eido educativo, sanitario, asociativo, ós corpos e forzas de seguridade e da administración municipal participaron, o pasado 7 de novembro, nunha mesa de traballo, no marco da elaboración do III Plan de Igualdade do concello, na que se debatiron, entre outros aspectos, as medidas de actuación a adoptar no eido da prevención e eliminación da violencia de xénero do devandito Plan.