UV BANNER Curtis 2023 web

Tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia (TMG)

A tarxeta permite obter descontos nas tarifas dos servizos do transporte público integrados no Transporte Metropolitano da Coruña.

Como se establece o prezo do billete?

O custo do billete desde as paradas de Curtis-Teixeiro a cada unha das localidades integradas no Plan Metropolitano da área coruñesa establécese en función do número de saltos fixados entre os municipios, saltos que tamén definirán o tempo establecido para realizar os transbordos sen penalización no lugar de destino.imaxesaltostransporteprezostrasporte

‘APP Curtis-Teixeiro’ de participación veciñal

imagenappO Concello de Curtis achega a xestión municipal aos veciños a través desta aplicación para móbiles, que facilitará unha comunicación e un contacto máis directo e bidireccional cos cidadáns.

A descarga gratuíta desta APP municipal permitirá que os veciños reciban nos seus teléfonos móbiles de maneira puntual toda a actualidade informativa do concello, así como as alertas e avisos sobre axudas, formación, programación cultural e deportiva, festas, etc. Ademais, inclúe a posibilidade de que os veciños poidan comunicar incidencias ou danos que observen, solicitar a recollida de aveños para o punto limpo ou pedir cita co alcalde e diversos departamentos municipais.

A APP estará en continua revisión e irá incorporando novas posibilidades de información e contactos.

Dispoñible en:   App Storegoogleplay

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.