UV BANNER Curtis 2023 web

Conciliacón na montaña Coruñesa

conciliacion entroido_2014_2conciliacion entroido_2014_1Do 3 ó 5 de marzo tivo lugar no Centro de Ocio Infantil de Curtis o desenvolvemento do Programa de Conciliación na Montaña Coruñesa. As actividades lúdico – educativas, dirixidas a rapaces e rapazas de tres a doce anos, tiñan como obxectivo favorece-la conciliación da vida laboral, persoal e familiar dos pais e nais do noso Concello. A iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña, ten entre outros obxectivos realizar actividades coeducativas co gallo de que as crianzas interioricen o principio de igualdade entre homes e mulleres.

Foron vinte os participantes que acudiron ás actividades, sendo catro nenos e quince nenas. Entre as actividades realizadas destacan a elaboración do disfraz de pintor/a polos propios participantes e os contacontos, sendo empregados nesta ocasión tanto libros en formato papel como en formato dixital polo monitorado.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.