Inscrición para a campaña de Esquí da Deputación
Campaña de Esquí da Deputación.

Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.
COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2019.
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
INSCRICION: Ata o 10 de xaneiro