A ÁREA DE FORMACIÓN E PROMOCIÓN ECONÓMICA RENUNCIA Á ACCIÓN FORMATIVA AFD
En relación ao curso de Formación Profesional para o Emprego "Axudante Técnico de Protección Civil" concedido ao Concello de Curtis mediante resolución da Consellería de Traballo e Benestar, en virtude da Orde do 23 de decembro de 2013 pola que se procede a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2014.
Informase que ante a falta de docentes especializados na materia a impartir cunha dispoñibilidade total para a execución da formación modular ininterrompida e por orde secuencial tal e como ven establecida no programa formativo, e ante a dificultade para cumprir co prazo de finalización da formación (data límite 15 de decembro de 2014 segundo a Orde de convocatoria), visto o informe do técnico de empleo que propón renunciar ao curso para a Formación e o Emprego. O gobernó local decide renunciar e dar traslado da renuncia do curso a Xunta de Galicia por responsabilidade.
