NOTA INFORMATIVA CURSOS CIM
O centro de información á muller (C.I.M) está a organizar unha serie de cursos de diferentes temáticas que terán lugar durante o primeiro semestre do ano 2012.
CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA: Terá lugar os días 18-19-20 de xaneiro,de 10:00 a 13:00, así como unha tarde na semana seguinte na que se realizará unha visita á Casa Grande de Xanceda , para poder ver unha explotación gandeira ecolóxica, e a fabricación de iogures ecolóxicos. O prazo de inscrición remata o 13 de xaneiro de 2012.
Outro curso relacionado coa natureza é o de APLICADORA DE BIOCIDAS FITOSANITARIOS, que durará 20 horas e realizarase tanto en Curtis e Teixeiro, sempre que haxa un mínimo de alumnado. O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro de 2012
Outro curso interesante é o de ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL DOMICILIARIO, que engloba o módulo formativo 2, necesario para obter o certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria. Terá lugar en Teixeiro os luns e os xoves, de 16:00 a 20:00 horas, e a súa duración total será de 130 horas. Este ten prazo para inscribirse ata o 16 de xaneiro, cun límite de 20 prazas.
Como non se vai a traballar sempre, haberá un curso para APRENDER A CATAR VIÑOS. Terá lugar durante 4 tardes, os xoves de 19:00 horas a 21:00 horas; e será impartido por profesionais da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro. O prazo de inscrición remata o 16 de xaneiro de 2012
Esta mesma Escola será a encargada en impartir o curso de ELABORACIÓN E CONSERVACIÓN DE PRODUTOS NATURAIS, onde nos ensinaran a realizar conservas tanto de doces, como de encurtidos, asi como conservar alimentos en frío e en calor. Terá lugar na Illana, en Curtis máis en Teixeiro, durante tres tardes. O prazo para inscrición remata o 16 de xaneiro.
Tamén haberá un curso de RELAXACIÓN E BENESTAR EMOCIONAL, seguindo técnicas basadas no ioga, ao que haberá que ir con roupa cómoda, cunha esterilla, unha manta e un coxín. Tamén se tratarán temas de alimentación saudable. Será tódolos xoves, de 10:30 a 12:30, durante dez semanas. Terá que haber un grupo mínimo de alumnas. Celebrarase tanto en Curtis como en Teixeiro. Prazo de inscrición, ata o 16 de xaneiro de 2012.
Tódolos cursos son gratuítos e pódese inscribir no CIM (Centro de Información ás Mulleres) na Casa do Concello en Teixeiro ( 981789003. Ext.30) ou na oficina municipal de Curtis ( 981777105); ou ben a través dun correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou dunha mensaxe no perfil CIM CURTIS de Facebook, enviando o nome do curso, nome e apelidos, dirección e teléfono da muller interesada.