Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis busca o respaldo das administracións para conseguir achegar á comarca da Montaña Coruñesa un servizo de emerxencias eficaz

Curtis-Teixeiro, 7 de febreiro de 2012.- O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, indicou esta mañá que é necesario que o interior da provincia, concretamente a Montaña Coruñesa, conte cun dispositivo de emerxencias, dado que ás dotacións deste tipo máis próximas son as de Betanzos, Arzúa e Ordes, ámbalas dúas a máis de 25 kilómetros do termo municipal de Curtis. O alcalde destacou que no caso de se producir algunha continxencia que precisara dunha actuación urxente, a situación ía ser moi comprometida.

Neste sentido, Caínzos salientou que vai reiterar a colaboración das distintas administracións para ver de artellar unha solución efectiva a esta situación. O rexedor engadiu que polo municipio discorren dúas importantes estradas, A N-6 a A-6 unha Nacional a N-634 e outras de titularidade autonómica, a AC-840, entre outras; vías cun importante tránsito de vehículos. Ademáis, a situación xeográfica da zona fai que no inverno sexan frecuentes as xeadas e mesmo que neve, e en consecuencia o aumento potencial dos accidentes de circulación.

Por outra banda, é de sinalar que a Montaña Coruñesa abarca a varios concellos, que sufren a misma carencia no que a asistencia de emerxencia se refire, cunha poboación de máis de 10.000 habitantes. Para Javier Caínzos é imprescidible ofrecer aos veciños da comarca unhas mínimas garantías de seguridade e rápidez de intervención ante eventuais percances. O alcalde asegurou que o concello está a traballar para conseguir acercar o máis posible ao municipio un servicio de atención ás emerxencias eficaz.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.