Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis segue a traballar contra o feísmo urbanístico

Dende a Área de Urbanismo do Concello de Curtis anunciouse esta mañá o inicio de apertura de expedientes de ruína, segundo a lexislación vixente, a dúas vivendas do municipio: unha delas situada na Raia Nova (parroquia de Nosa Señora de Lourdes) e outra sita en A Illana (parroquia de Santa María de Fisteus).

Segundo o informe emitido polos servizos técnicos municipais as dúas vivendas atópanse nun estado evidente de abandono debido a falta das meras obras de conservación e mantemento por parte dos propietarios provocando un esgotamento dos elementos estruturais da edificación.

Polo estado que presentan as edificacións están a supoñer un risco para os veciños e viandantes. Por este motivo o Concello aparte de iniciar os correspondentes expedientes de ruina, notifica as medidas urxentes que deben tomarse ata que rematen os trámites.

O inicio da apertura destos dous expedientes súmaselle o xa aberto á denominada “Casa de telégrafos” situada na Avenida Principal e que colinda co Barrio de San José ás que se lle poden engadir outras edificacións xa que o Concello segue facendo inspeccións das edificacións para evitar chegar a esta situación de ruína.

Unha vez máis cabe recordar a obrigación de todos os propietarios ao deber de conservación e mantemento tanto de vivendas coma de parcelas e lembrar o feísmo que supoñen este tipo de edificacións na paisaxe é responsabilidade de todos.

Edificación A Raia Nova   

Edificación en A Illana

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.