O Concello de Curtis comeza a execución da obra "Ampliación e mellora do camiño de acceso aos lugares de Cabana e Padreiro (Fisteus)"
Esta obra atópase subvencionada ao abeiro do “Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021” , cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
O importe total do proxecto ascende a 57.223,32 € e o importe da subvención é o de 47.292,00 €.