XA TEMOS OS NOMES DAS GAÑADORAS E DO GAÑADOR DO CERTAME HAPPY CURTIS!
Nada máis nin nada menos que 76 traballos presentados nesta edición do certame de narrativa curta que leva oito anos convocando o Concello de Curtis. Contamos cun xurado de luxo formado por Manuel Rico Verea, María Lado, Yolanda Castaño e María José Castelo Lestón (gañadora da pasada edición), que non o tiveron nada fácilá hora de escoller os traballos gañadores.
PREMIOS:
Categoría A (dos 12 ós 18 anos):
1º Premio: Ana Uhía Pérez, de Portonovo (O día máis feliz da miña vida).
2º Premio: compartido entre Marta Pita Vidal, de Teo (O día máis feliz) e Sara Martínez García, de Sanxenxo (Paso a paso).
Categoría B (dos 19 anos en diante):
1º Premio: Daniel Landesa, de Vigo (Abercrombie).
2º Premio: Ana María Galego, de Ferrol (Tres mil setenta caracteres).
A entrega será o día 4 de Maio ás 21 horas no Edificio Multiusos de Curtis (Recinto feiral s/n). Alí poderemos escoitar os traballos gañadores, coñecer ó autor e ás autoras galardoadas, e gozar dunha velada chea de sorpresas.