A Xunta de Galicia permite a caza do xabaril sen límite de exemplares no Concello de Curtis por emerxencia cinexética temporal.
A Xunta acaba de abrir a veda á captura do xabaril máis alá do período de caza reglada. Ata o vindeiro 27 de febreiro estará permitida nun total de 198 municipios nos que se inclúe o Concello de Curtis.
A xustificación pola que se da este paso, como recollen as resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), son os danos provocados nos cultivos, o incremento dos exemplares desta especie, a implicación en accidentes de tráfico e, en último caso, o control da poboación no caso de que chegara ata Galicia a peste porcina africana e poder ser controlada.
Con todo, poderá quedar suspendida en canto se solucionen os motivos que provocaron a súa declaración.