Numeracion Curtis logos

Certame de Narración Curta "Happy Curtis"

DSCN37131O pasado venres, 4 de maio tivo lugar a entrega de premios do certame de narrativa curta "Happy Curtis – Cóntanos o día máis feliz da túa vida", que leva oito anos convocando o Concello de Curtis. Contamos coa presenza de Yolanda Castaño e Manuel Rico Verea, membros do xurado que comentaron a calidade dos traballos presentados este ano e puxeron de manifesto o gran esforzo que o Concello está a realizar para levar a cabo programas culturais como este. O coloquio do xurado dou paso aos protagonistas da noite que fixeron unha lectura dos seu traballos.

A entrega de premios correu a cargo de Xulio Loureiro e Pura Galan do equipo de normalización lingüística da Coruña, Antonio Cañas, diputado provincial, Javier Caínzos, alcalde e Ana Mahía, concelleira de cultura. Os premios quedaron repartidos da seguinte maneira:

Categoría A (dos 12 ós 18 anos):

1º Premio: Ana Uhía Pérez, de Portonovo (O día máis feliz da miña vida).

2º Premio: compartido entre Marta Pita Vidal, de Teo (O día máis feliz) e Sara Martínez García, de Sanxenxo (Paso a paso).

Categoría B (dos 19 anos en diante):

1º Premio: Daniel Landesa, de Vigo (Abercrombie).

2º Premio: Ana María Galego, de Ferrol (Tres mil setenta caracteres).

A velada estivo conducida por Lucía Aldao que nos adiantou que xa estaba a preparar a nova convocatoria para este ano e que se fará pública o vindeiro 16 de maio.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.