Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis oferta 18 actividades culturais e deportivas

  • Retómanse as actividades municipais tras o parón de 2 anos pola pandemia
  • Aberto o prazo de inscrición ata o 28 de setembro
  • As actividades darán comezo o 4 de outubro

Na súa aposta polo deporte e as actividades saudables o Concello de Curtis, a través das áreasde Saúde, Xuventude, Benestar Social, Educación e Cultura retoma a realización das actividadesmunicipais tras o parón de 2 anos pola pandemia.

Neste novo curso, preséntase como novidades as actividades de ioga, arte floral, labores emúsica e movemento.

Ademais o programa, que arranca o 4 de outubro, inclúe as xa habituais actividades de fútbolsala, patinaxe, ximnasia artística, pilates, mantemento integral de adultos e maiores, obradoirosde memoria, inglés,informática… entre outros.

As clases impartiranse en Curtis e Teixeiro pero tamén haberá sesións no rural (Foxado,Paradela, Santaia, A Illana e San Roque de Xabriño).

Ademais destas actividades o Concello de Curtis recorda que os ximnasios municipais sitos enCurtis e Teixeiro están á disposición da veciñanza. Nestes centro ofrecese unha atenciónpersonalizada.

O prazo de inscrición xa está aberto e poderase formalizar a matrícula ata o día 28 de setembronas oficinas municipais de Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.

As actividades realizaranse cumprindo as medidas hixiénico-sanitarias correspondentes eatenderán aos ratios que os protocolos establezan.

Accede ao triptico: TRIPTICOS_ACTIVIDADES_CONCELLO_DE_CURTIS_2021-2022_redes.pdf

Cartel actividades municipais: CARTEL_ACTIVIDADES_MUNICIPAIS_CONCELLO_DE_CURTIS_21-22_1.pdf

IMG 8029

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.