Pleno ordinario outubro
No pleno ordinario levado a cabo no día de onte aprobaronse por unanimidade todos os puntos da orde do día:
- Aprobación das actas da sesións plenarias celebradas o 10/08/2021 e 19/08/2021.
- Aprobación da 2a fase do POS+ ADICIONAL 2/2021 por maior achega provincial.
- Proposta de modificación de representantes do Concello en Órganos Colexiados que sexan competencia do Pleno.
Ademais, foron aprobadas por unanimidade as seguintes mocións:
Convenio entre o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axeda Urbana, o Concello de Curtis e SEPES para a construcción dun novo acceso ao polígono Industrial “Curtis-Teixeiro” dende a carretera nacional N-634.
Moción en apoio do acceso á poboación aos servizos financieiros e no que se insta ao Banco Santander a repoñer na súa integridade (persoal e horarios) o servizo que viña prestando de luns a venres na súa oficina da Avenida Doctor Martínez Pardo de Teixeiro.
Moción para instar ao Goberno de España a poñer en marcha medidas para rebaixar o prezo da luz.
A moción contra a orde ministerial de inclusión do lobo no listado de especies en réxime de protección especial foi aprobada sen unanimidade dada a abstención de Asambleas Abertas.
Ademais disto, o alcalde do concello, Javier Caínzos, deu conta das xestións e obras adoptadas en relación co vertido de purín na cunca hidrográfica.