Numeracion Curtis logos

A Área de Cultura do Concello de Curtis presenta a programación de nadal 2021-2022

A Área de Cultura do Concello de Curtis vén de presentar a programación de Nadal 2021-2022 que arrancará o xoves 22 de decembro e rematará o 5 de xaneiro co desfile da comitiva real.

A programación inclúe un total de 16 actividades onde se poderá disfrutar de títeres, maxia, teatro, cine, música... todas elas pensadas para as familias e, en especial, para os máis pequenos.

En palabras da concelleira de cultura, Eva Lata: "como non podía ser doutra maneira neste 2021 seguiremos apostando polas medidas ante a COVID-19 e cunha programación cultural variada e segura. Contaremos con aforos limitados".

O programa, ademais destas cita, inclúe o campamento de nadal "Concilia na montaña" que arrancará o 22 de decembro nos centros de ocio de Curtis e Teixeiro en horario de 8:00h a 14:00h co objetivo de facilitar a conciliación familiar.

Por outra banda, a Asociación de Comerciantes de Teixeiro (ACTE) organiza tres actividades diferentes coas que colabora o Concello de Curtis:

23 de decembro: paseo en tren polas rúas de Teixeiro de 16:00h a 20:00h.

26 decembro: Scalextri durante todo o día na carpa sita na praza diante da Casa do Concello. 3 e 4 xaneiro: Experiencias e xogos multimedia de 16:00h a 20:00 h na carpa sita na praza diante da Casa do Concello

TRIPTICO NADAL CULTURAL: Triptico_Nadal_Cultural_.pdf

CARTEL NADAL CULTURAL:Cartel_Nadal_Cultural.pdf

Nadal Cultural

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.