Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis fai unha inversión de 819.249 euros na melloras da rede viaria do rural e infraestructuras deportivas

O Concello de Curtis anunciaba esta mañá que conta con catro grandes proxectos en fase de contratación que suporán un desembolso económico de 819.249 euros: dous deles destinados á mellora da rede viaria no rural e outros dous para obras de infraestructuras deportivas nos núcleos de Curtis e Teixeiro.

• Aposta polo rural:
Por unha banda, o concello realizará obras de ampliación e reforzo do firme da calzada con aglomerado en viais de doce núcleos: acceso a Montouto, Paradela de Abaixo, Paradela-Castelo, Labrada de Abaixo, Os Muros-Maques, Acessos en Foxado, N-634- Espido-Portoseco, O Castro, O Mascoto – Penedo de Rendal, Penedo de Rendal, Penedo de Teixeiro, A Restreba.

As obras contan cun prazo de 10 semanas e un importe de 514,000 euros.

Tamén nesta senda, realizarase a rehabilitación da capa de rodadura con riego asfáltico en viales de oito núcleos: a Frádegas, Remourán – O Vilar, Gulpilleira, Acceso a Castro de Ares, Acceso a CF Curtis dende AC230, Muiño do Peneco, N-634 enlace Espido con Portoseco, ampliación e reforzo CF Curtis-Bodeus. A obra contará cun prazo de 6 semanas e un custo de 100.000 euros.

En total actuarase en 20 núcleos das 4 parroquias que ten en o Concello de Curtis cun investimento de 614,000 euros.

• Aposta polas infraestructuras deportivas e hábitos saudables
En canto á aposta polas prácticas de hábitos saudables, o Concello de Curtis realizará unha dotación de infraestructuras deportivas importante neste 2022.


Por unha banda, en Teixeiro construirase unha nova pista de pádel, deste xeito o núcleo contará con dúas pistas. Estará situada na mesma localización onde se encontra a outra pista existente, é decir, anexa á edificación destinada a Pabellón Municipal de Teixeiro, sita na Rúa Faragullas. Tamén se realizarán obras de reparación de pavimentos e instalación de baixantes de pluviais na pista de pádel existente. A inversión será de 119,918 euros.

En Curtis realizarase a cuberta da segunda pista de pádel con idénticas características á cuberta da outra pista de pádel existente ao seu carón. Ademais da cuberta efectuarase a reparación de pavimentos e instalación de baixantes de pluviais en ambas. As obras contarán cun custo de 85.331 euros.

ordenador portatil copy

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.