UV BANNER Curtis 2023 web

Obradoiro de Emprego “Terras da Montaña IV”, Curtis, Sobrado e Vilasantar

ObradoirosA Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu 503.987 euros aos Concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar para iniciar en setembro de 2022 un Obradoiro de Emprego que formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de xardinaría e forestais.

O concello de Curtis é o solicitante e coordinador do programa, polo que o obradoiro estará situado no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro (Curtis), ainda que o alumnado realizará actuacións de mellora das zonas públicas verdes nos tres concellos durante un periodo de 12 meses.

Asemade do alumnado, realizaráse un proceso de selección para a contratación dun Director/a do obradoiro, dous mestres para as especialidades, un/unha mestre/a de educación, un/unha mestre/a de xestión empresarial e un/unha auxiliar administrativo/a.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección, como alumno/a ou persoal directivo, docente e de apoio, poderán solicitalo na súa oficina de emprego ou a través da oficina virtual do Servicio Público de Emprego ata o 18 de agosto de 2022.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.