A numeración do Concello de Curtis a exposición pública
Dende o 16 ata o 31 de agosto estará a exposición pública o proxecto de transformación dixital que supón a renumeración de todas as edificacións existentes no Concello de Curtis, así como as parcelas susceptibles de ser edificables nun futuro.
Os interesados poden consultar o expediente e formular as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas.
Con este proxecto dase continuidade aos traballos realizados no ano 2021 de númeración dos núcleos de Outeiro, Brixería, Padreiro, Centeas e As Mingueiras.
Desta maneira levarase a cabo unha identificación inequívoca de todas as edificacións existentes (vivendas, terciarios, bens patrimoniais, edificios industriais, etc.).
Durante os días 17 e 18 de agosto celebraranse reunións informativas nos locais sociais de Paradela, Foxado, Santaia, Xabriño e Curtis e Teixeiro e destacamos a importancia da participación cidadá neste proceso.
Mapa interactivo
Planos numeración Concello de Curtis