APROBACIÓN DAS BASES DOS PROCESOS SELECTIVOS DO ALUMNADO- TRABALLADOR E PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRAS DA MONTAÑA IV”
Hoxe, día 19 de agosto de 2022, aprobáronse as Bases dos procesos de selección do alumnado-traballador e do persoal directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego "Terras da Montaña IV" e remitíronse as ofertas de emprego á oficina de emprego de Betanzos.
A oficina de emprego procederá a realizar a preselección dos candidatos/as e posteriormente, o Concello de Curtis, iniciará o proceso de selección cos candidatos remitidos pola mesma.