CAMPAÑA NEVE 2023 DIPUTACIÓN CORUÑA
Tes entre 11 e 15 anos e queres pasar unha fin de semana esquiando? Xa está aberto o prazo de inscrición para gozar durante catro día da estación asturiana de Valgrande-Pajares co programa de neve da Deputación da Coruña.
Á rapazada do Concello de Curtis correspóndelle a quenda do 10/02/2023 ó 13/02/2023.
A viaxe inclúe traslados dende unha cabeceira comarcal, aloxamento nun albergue a pé de pista, manutención, clases de esquí e actividades. Os participantes pagarán 85 euros de gastos de inscrición.
Solicitudes ata o venres 16 de decembro.
Que tes que facer para inscribirte?
Cubre a ficha de inscrición: DESCARGAA AQUÍ: triptico-neve_2023_FINAL-2.pdf
Preséntaa na Casa do Concello en Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis.
As prazas destinadas ao Concello de Curtis son CINCO. No caso de que se rexistren máis solicitudes, procederase a un sorteo diante da secretaria municipal entre os días 15-17 (data por concretar).