UV BANNER Curtis 2023 web

Aberto o prazo de inscrición aos campamentos de Semana Santa

O Concello de Curtis abre o prazo de inscrición nos campamentos de Semana Santa.
 
O Concello de Curtis vén de comunicar a apertura de prazo de solicitudes para os campamentos de Semana Santa que se desenvolverán do 3 ao 10 de abril.
 
Os máis pequenos poderán disfrutar no centro de ocio de Curtis ou no de Teixeiro en horario de 8:00 h a 14:00h permitindo a conciliación familiar.
 
O prazo remata o vindeiro 29 de marzo e os interesados deberán inscribirse na oficina municipal de Curtis ou na Casa do Concello en Teixeiro.
 
O prezo é de 15,51 euros participante e haberá prioridade para empadroados no municipio.
 
Descarga a ficha de inscrición na seguinte ligazón: CAMPAMENTO_SEMANA_SANTA_CONCELLO_DE_CURTIS_11.pdf
 
Campamento semana santa concello de curtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.