Numeracion Curtis logos

Éxito da VII Ruta Cabalar do Concello de Curtis

A VII Ruta Cabalar Campestre de Curtis vén de reunir este pasado mércores 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a decenas de xinetes que, un ano máis, realizaron un percorrido de 16,90 quilómetros por algúns das paraxes naturais máis espectaculares do municipio.

A xornada, organizada por un colectivo amante dos cabalos en colaboración co Concello de Curtis, iniciouse ás dez da mañá nas naves do Campo da Feira de Curtis, onde se congregaron as monturas e os carros de cabalo para a saída desta ruta. Finalmente regresouse ao mediodía ao recinto feiral, onde se celebrou unha comida de confraternidade.

Despois da comida sorteouse un poldro, e a xornada finalizou con música.

Ruta Cabalar Curtis

Ruta Cabalar Curtis

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.