UV BANNER Curtis 2023 web

I Certame Infantil da Ilustración do Concello de Curtis

A Asociación de Promoción e Celebración de Feiras do Concello de Curtis vén de comunicar a realización do I Certame Infantil da Ilustración do Concello de Curtis, un concurso que se enmarca nas diferentes actividades programadas para a VII edición de "Curtis na lembranza - As feiras de 1900" que este ano está adicado á artista curtiense María Antonia Dans. 

Este certame, no que colabora o Concello de Curtis,  vai dirixido a mozos de entre 6 e 16 anos de calquera procedencia e co que se pretende achegar a figura da artista aos máis xóvenes. 

Os interesados en participar deberán entregar antes do 7 de xullo unha reproducción dunha das obras de Mª Antonia Dans. Outorgarase un total de 500 euros en premio e lotes de materiais para artistas. 

Os traballos expoñeranse durante os días 29 e 30 de xullo durante a celebración de “Curtis na lembranza, as feiras do 1900…” e os traballos premiados pasan a ser propiedade da Casa Museo de María Antonia Dans. 

O veredicto do xurado e a entrega de premios terá lugar o domingo 30 de xullo (a hora publicarase no programa da feira de 1900).

CONSULTA AS BASES AQUÍ: BASES_CERTAME_ILUSTRACIÓN_MARÍA_ANTONIA_DANS_copy.pdf

Certamen ilustración María Antonia Dans Curtis Feira 1900 copy

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.