Numeracion Curtis logos

Atención! Últimos días para participar no Certame de Narración Curta!

Aínda podes enviar o teu relato para participar no XVIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis co que se repartirán 2.700 euros en premios!
 
”INVENTA UN MUNDO, UNHA FANTASÍA DE CERTAME! Xa que escribir é crear mundos novos, ofrecemos o espazo deste certame para que deseñes o lugar que a túa imaxinación queira.
 
Os interesados en participar deben enviar a peza a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 30 de xuño de 2023. O certame está dirixido a persoas de calquera procedencia a excepción dos premios locais, que estarán reservados a participantes vinculados co Concello de Curtis por nacemento, residencia, estudo ou relación laboral con empresas ou centros con sede física no termo municipal.

Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega e os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame. Ademais deberán contar cunha extensión comprendida entre os 3.000 e os 5.000 caracteres (espazos incluídos).

Establécense dúas categorías: categoría A (dos 12 anos aos 17 anos) e categoría B (dos 18 anos en diante) e tres premios en metálico para cada categoría. 

CONSULTA AS BASES NA SEGUINTE LIGAZÓN: BASES_CERTAME_NARRACIÓN_CURTA.pdf

CARTEL PARA REDES

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.