FINALIZADAS AS OBRAS NA CASA-MUSEO DE MARÍA ANTONIA DANS
Curtis-Teixeiro, 15 de xuño de 2023-.No día de hoxe o Concello de Curtis recepcionouas obras acometidas na casa-museo da artista galega María Antonia Dans sita en Curtis.
As actuacións supuxeron un orzamento de 449.248,80 euros, dos cales a Consellería de
Cultura financiou 250.000 euros e o restante a través de fondos municipais. Esta
colaboración permite sumar unha nova alternativa cultural e artística no rural e recuperar
unha parte do patrimonio histórico de Curtis.
A casa na que residiu a pintora abrirá as súas portas no mes de xullo.
Este vén a ser sen dúbida o ano da pintora, que ademais de celebrarse o centenario do
seu nacemento, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración adicoulle o Día da
Ilustración e a crítica especialista en arte e comisaria de exposicións Rosario
Sarmiento presentou un novo libro adicado á pintora e enmarcado na colección Grandes
artistas de Galicia.