120 RAPACES E RAPAZAS DESFRUTAN NESTE VERÁN DOS CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE CURTIS
Curtis-Teixeiro, 22 de xuño de 2023-. O Alcalde de Curtis, Javier Caínzos; o 2º tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xuventude e Infraestructuras, Iván Maques e a 3º tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social e Igualdade, Eva Lata visitaron no día de hoxe os campamentos de conciliación de Curtis e Teixeiro deste ano 2023 que acadan un total de 120 usuarios repartidos en 4 quendas que abranguen os meses de xuño a agosto e cun total de 9 monitores e 3 voluntarios.
O horario establecido de entrada abrangue dende as 8:00h cun servizo previo de conciliación para iniciar os campamentos dende as 9:00h ata as 14:00h.
Neles disfrutarán de diferentes actividades en materia de igualdade e xogos en exterior como actividades nas piscinas municipais.
Este programa permite que as nenas e nenos poidan divertirse e desenvolverse a diversos niveis (durante o período de vacacións, mentres as familias se benefician dun recurso que lles permite conciliar a súa vida persoal, laboral e familiar).